Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


30/9/12

Boom, boom, de John Lee Hooker

Este vídeo mostra unha das cancións que para mi teñen un ritmo hipnótico, que te leva, te leva, e cando te decatas, estás movendo a melena (no meu caso) a todo canto das....

Desfrutádea!!




28/9/12

Deja vú

Cando comecei con este blog non tiña nin idea de qué era un blog. Nunca lera ningún, e hai 3 anos xa que isto está andando. Con máis ou menos acerto, e sobre todo con menos que máis público (grazas aos que estades aí, lendo e comentando as entradas). Sen restar nada de importancia aos lectores/as pasados, presentes e futuros,que espero que sigan, este blog é, sobre todo, unha necesidade persoal.

Perdoade polo egoismo, polo egocentrismo que descobren esas dúas verbas, pero esto non se mantén se non existe algo, un motor interno, que fai que escribas, con máis ou menos acerto e con menos que máis asiduidade o que se che pasa pola cabeza, ou algo que escoitas, ou algo sobre o que non sabes (esbardallar mesmamente!)

E dende que por xaneiro de 2010 comecei vampirizando o blog de Iván ata transformalo neste monstro que adquiriu caseque vida propia, en parte debido á retroalimentación que produce o que escribo ou reseño e grazas aos que tedes a santa paciencia de ler os post... ben, pois desde ese momento e ata o de agora, creo que o balance, a nivel persoal, é POSITIVO. Moi positivo, diría eu.

Espero que dentro de 3 anos poida facer balance de novo, e que sexa positivo. Pero se non é así, se a necesidade persoal de contar, de preguntar, de dubidar se me pasa, o que está feito, iso xa queda. (non creo que sexa nada bo quedarse sen dúbidas e preguntas)

O título da entrada, "Deja vú" (o francés é moi fodido de pronunciar....) só fai referencia a que periódicamente sinto a necesidade de "balancear" o meu estado mental (e non creades que o resultado é positivo as máis das veces...) e tamén o punto no que me encontro. Non é algo consciente, pero ás veces, cando tes a sensación de cambio de etapa (que é un concepto moi difuso de explicar, pero que para mín funciona moi ben para describir ese fío con nós que é a vida)

25/9/12

El Asedio, de Arturo Pérez-Reverte

Teño ultimamente un extraño costume, que é matinar un rato eu só (e tamén con vós...) sobre o último libro que pasou polas miñas retinas. Neste caso, El Asedio, de Arturo Pérez-Reverte comezou mal... non polo libro en si mesmo, pero sufriu unha "pausa" de caseque 1 ano antes de (re)comezar a leelo, xa que polo medio me atopei somerxido na saga de George R.R. Martin, "Canción de Hielo y Fuego". Ao mellor así dito non soa nada, pero ven a ser que me lin os libros de "Juego de Tronos" antes de seguir con éste. Exactamente lin os 4 primeiros libros... Agora mesmo ando escomezando o 5º libro (A Dance with Dragons) pero este será tema doutro post.

Imos co libro que nos ocupa. Para empezar, o libro é do excelso Pérez-Reverte, periodista fogueado en miles de guerras, escritor de artigos de opinión, académico (máis recentemente) e amigo de Javier Marías (resalto esto último xa que eles mesmos o resaltan cada vez que teñen ocasión, nas súas respectivas columnas).

O libro é inquedante, ambientado nunha Cádiz de hai 200 anos, asediada polos franceses e a piques de rematar a constitución de 1811. Unha cidade convulsa, escura e chea de espazos recheos por envexas, ambicións, corrupción, fachendas, e asesinatos. Un policía corrupto, un capitán de barco para quen o honor só é un estorbo, un taxidermista con extrañas inquedanzas e un enxeñeiro francés obsesionado con acadar cada vez maior distancia cando dispara as bombas sobre a cidade conforman un elenco de personaxes completado pola herdeira do negocio familiar de comercio, obrigada por si mesma e pola cidade onde vive, a comportarse como se espera dela, e non como ela mesma desexa.

Ainda que o autor na mesma obra sinala que é unha obra de ficción, o marco histórico está máis que matizado en toda a súa extensión. Batallas, disparos, abordaxes, afundimentos, impactos de bombas; nada queda ao azar... ou sí? O fío conductor da obra son os extraños asasinatos que se suceden nos mesmos lugares onde caen as bombas... e que traen de cabeza ao policia que os investiga.

Como nunha especie de tear, Pérez-Reverte vai urdindo unha obra con fíos de distintas cores e texturas, de xeito que o tecido final non resulta para nada estrambótico, senón todo o contrario. Lendo a obra, só pode ter un final, que é o que é.

Unha hipótese particular, sen máis argumento que o propio maxín do que postea aquí: Paréceme que o autor, nas súas obras, outorga un papel case sempre negativo ás súas personaxes femininas. Desde a Angélica de Alquezar de Alatriste, pasando polo maestro de esgrima, Cabo Trafalgar, Territorio Comanche, A pel do Tambor ou o Clube Dumas, as personaxes femininas nas obras de Pérez-Reverte teñen un papel de atracción hacia o fatal, como de pervertidoras.... Haberá que comprobar nas obras que escriba de aquí en adiante Arturo Pérez-Reverte se isto ten algún tipo de fundamento, que non explicación (iso habería que preguntarllo a él mesmo).

Paga a pena ler o libro, pero ao meu humilde parecer, hainos mellores, incluso do mesmo autor...



21/9/12

SOBRE SANDMAN

Unha entrada cortiña para falar dun tema longuísimo.

http://sobresandman.blogspot.com.es/

Este blog está feito con moito agarimo por alguén a quen sandman lle gusta non moito, senón moitísimo. É recomendable 100%, pero moito máis se primeiro se leen as historias das que se fala no blog.

Sorte!!


12/9/12

DROPBOX, cosa bonita, cosa bonita


<a href="http://db.tt/RXLhTCKK">www.dropbox.com</a>

Hai uns días entrei por primeira vez en www.dropbox.com e descubrin un novo mundo. Seguro que hai outros portais que se dedican a isto, pero como este xa o coñezo, volo comento.

Dropbox ofrece un servizo que pode ser de pago ou gratis. Sen pagar ren, podes ter a partir de 2,5 GB de espazo para colocar os arquivos que queiras e sincronizalos entre os teus equipos (se tes varios). Tamén podes enviar os enlaces dos arquivos que tes nese espazo para compartilos con quen queiras.

A min paréceme unha idea xenial. Podes ter un documento nesa carpeta e cambialo desde calquera PC, que os cambios quedan reflectidos no documento (editar fotos, cambiar un ppt, etc.)

Ademáis, creo que como copia de seguridade de algúns arquivos é unha opción interesante.

Por último dicir que para aumentar o espazo gratis (ata 16 GB), podes "invitar" a xente a que se una a dropbox. Por cada invitación danche 500 MB de espazo gratis, tanto a tí como á persoa que comeza a usar dropbox.

Se queredes ter 500 MB ademáis dos 2,5 GB de espazo, premede en http://db.tt/RXLhTCKK