Algo sinxelo, pero que a veces non damos feito, como é buscar un arquivo concreto entre os millóns deles que temos nos nosos PC se pode volver unha desesperación, sobre todo si temos présa.
Para evitar perdas de tempo innecesarias e palpitacións (nalgúns casos) en caso de que non se atope o que buscamos, basta con teclear algunha das seguintes instrucións para resolver o problema:
- Imos a Inicio, executar, e poñemos % e a continuación o nome do que buscamos (funciona con nomes de arquivo pero tamén coas extensións dos mesmos, por si non sabemos o nome):
p.exemplo: %.mp3
- Se o que queremos non é buscar un arquivo, senón unha carpeta, entón, tecleamos %nome da carpeta%:
p.exemplo: %temp%
Sinxelo, pero efectivo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario