Tradución de software libre ao galego.
Desde Esbardalladas.blogspot.com queremos dar pulo a este proxecto que se explica por si mesmo, a tradución de software libre ao galego, para poder axudar a:
- Usar software libre en galego:
navegadores web, estilo FIREFOX ou CHROME, xestores de correo electrónico como THUNDERBIRD, suites de ofimática estilo OPENOFFICE, LIBREOFFICE
contornos de escritorio como KDE, GNOME e LXDE
distribucións de GNU/Linux como UBUNTU, OPENSUSE, MANDRIVA ou DEBIAN.
- Promover o uso de software libre en galego.
- Comunicar erros que atopes na tradución ao galego.
qué é o software libre?
Ademáis de connotacións éticas, o software libre destaca pola eficiencia, a seguridade, a innovación, a competitividade, a solidariedade e sobre todo a liberdade.
Para que un programa sexa considerado libre ten que cumprir coas 4 liberdades básicas:
- Dereito a usar o programa sen restriccións onde se queira, como se queira e para o que se queira.
- Dereito a estudar como funciona o programa e se se desexa, adaptalo ás necesidades específicas de cadaquén.
- Dereito a distribuir copias aos amigos, empregados, coñecidos e a calquiera persoa que se desexe.
- Dereito a mellorar o programa, publicar e distribuir as melloras ao públicok, ou a quen se desexe, contribuíndo así á comunidade.
O proxecto trasno existe desde o ano 2000, e foi o resultado da fusión de dous grupos que traducían software libre ao galego de forma independente. Se queredes colaborar ou máis información, entrade en http://trasno.net
No hay comentarios:
Publicar un comentario