Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


6/5/11

Qué boa é a puntualidade....

A despedida do cura.


Ao Padre Pascual lle estaban facendo a súa cena de despedida por 25 anos de traballo nunha Parroquia. Un político membros da comunidade foi invitado para dar un breve discurso.

Como o político tardaba en chegar, o sacerdote decidiu dicir unhas palabras él mesmo para encher o tempo:

- 'Miña primeira impresión da Parroquia a tiven coa primera confesión que me tocou escoitar. Pensei que o Bispo me enviara a un lugar terrible, xa que a primeira persoa que se confesou me dixo que roubara un televisor, que lles roubara cartos aos seus pais, roubara tamén na empresa onde traballaba, ademáis de ter aventuras sexuais coa muller do seu xefe. Tamén en ocasións se adicaba ao tráfico e á venda de drogas. E para finalizar, confesou que lle transmitira unha enfermidade venérea á súa propia irmá. Me quedei asombrado, escandalizado e asustadísimo... Pero cando transcurriu un tempo, fun coñecendo máis á xente e vin que non eran todos así, vin unha parroquia chea de xente responsable, con valores, comprometida coa súa fe. E así vivín os 25 años máis maravillosos do meu sacerdocio'.
 
Xustamente neste momento chegou o político, polo que se lle deu o turno. Por suposto, pediu desculpas por chegar tarde e empezou a falar dicindo:

- 'Nunca vou olvidar o primeiro día que chegou o Padre á nosa Parroquia... de feito, tiven a honra de ser o primeiro que se confesou con él...'



MORALEXA:   Non chegues tarde

5/5/11

Bin Laden ou Morto o can se acaba a rabia???

Unha reflexión que non sei se debe considerarse sequera, pero, despois da morte de Bin Laden (feita en plan estratéxico en Pakistán por forzas especiais de EEUU con apenas 4 mortos...-Meu pai que é moi afeccionado ás películas bélicas e series como Navy Seals, etc; estaría encantado de que sacasen unha miniserie explicando toda a operación...) podemos considerar que o terrorismo islamista está acabado???

Sinceramente, non o creo, e senón, ao tempo...

4/5/11

Juego de Tronos do papel á pantalla

Canal+ estrenará 'Juego de tronos' o 9 de maio

A ficción chegará a España tan só 21 días despois de estrenarse en HBO.

Canal+ deu a coñecer a data na que finalmente se estrenará 'Juego de tronos'. Foi o 17 de abril en HBO e chegará a España el 9 de mayo. Será Canal+ a cadena que a estrene en exclusiva no noso país.

'Juego de tronos' está baseada na novela do mesmo nome, "Juego de Tronos", que é a primeira da saga "Canción de Hielo y Fuego", de George RR. Martin. O escritor tamén participa neste ambicioso proxecto de HBO, encargada de 'Los Soprano', 'Big Love', 'Roma' o 'The Pacific'. A primeira tempada da serie contará con 10 episodios. Se consegue o éxito que se espera, o resto de libros poderían dividirse en duas tempadas cada un. De momento, a saga conta con catro novelas.

'Juego de tronos' se desenvolve nun mundo medieval fantástico no que varias familias loitan polo poder nun mundo fantástico no que aparecen criaturas e maxia. Robert Baratheon ocupa o trono de ferro tralo fin da dinastía Targaryen, ainda que non o terá nada fácil porque haberá varias casas que poxarán polo seu lugar, o que amenazará con romper o reino de Poñente.


Un reparto envidiable
'Juego de Tronos' conta co coñecido actor Sean Bean como cabeza do elenco. O intérprete ten na súa  filmografía a participación na taquilleira película "El Señor de los Anillos", onde interpretaba a Boromir, o fillo do senescal de Gondor, Denethor. A experiencia previa nesta longametraxe pode ter avaliado a Bean como protagonista da ficción, xa que 'Game of Thrones' lembra na súa estética ao oscarizado film.

Interpretará a Lord Eddark Stark, un dos personaxes máis nobles da serie en contraste co resto de papeis de vilán que soe interpretar. Non estará só nesta nova produccion. Actores da talla de Emilia Clarke no papel de Daenerys Targaryen, Harry Lloyd como Viserys Targaryen ou Mark Addy, que dará vida a Robert Baratheon.

Haberá que estar atentos á pantalla. Estoy agora mesmo a ler o primeiro volume da saga, Juego de Tronos, e a verdade é que me está a gustar moito. Había moito tempo que non lía algo de fantasía heróica (é un subxénero literario no que levo moitos anos inmerso...) que me dese tan boas sensacións.

O malo de estar a ler o libro ao mesmo tempo que sacan a serie é que a serie terá que esperar a que termine os libros para ser vista....

Haberá máis entradas sobre "Juego de Tronos", seguro...
Aqui vos deixo un trailer dobrado ao español sobre a serie.

3/5/11

Bildu non irá ás eleccións

Partindo de que é totalmente certo (e non pretendo outra cousa) que non teño nin idea de política, hoxe me produce algo de tristura enterarme que a coalición BILDU non poderá concorrer ás eleccións municipais e autonómicas do 22 de maio.

Sei que isto pode entenderse de moitas formas e vou tentar explicarme. Creo firmemente no diálogo e na NON VIOLENCIA, de calquera tipo, e neste caso, non estou de acordo coa violencia terrorista de ETA. Non comparto a idea de que ETA  a través dos membros elixibles integrados na coalición BILDU poida estar representada e con acceso a información moi sensible nos concellos do País Vasco. Considero que a única vía que se pode admitir para que esa xente se integre na democracia é a renuncia expresa e sin condicións a toda clase de violencia e a condena expresa de toda clase de actos violentos e/ou terroristas.

Agora ben, tendo en conta o anterior (creo que queda clara a miña postura) digo o da tristura porque BILDU non concorra ás eleccións xa que nesa coalición na que se integran candidaturas sospeitosas de estar relacionadas ou ser continuación de HB tamén se atopan partidos democráticos que sempre condenaron a violencia e que representan a unha facción da poboación. Iso supón, ao meu modesto entender, impedir exercer un dereito democrático a un certo número de xente de poder elixir aos seus representantes, sempre que estes respecten o estado de dereito.

Complicado o tema... non quero nin pensar que diría eu si se tivese en conta o que diga eu...
De momento, o Tribunal Supremo non deixa concorrer ás eleccións a esta coalición. Agora lle toca ao Tribunal Constitucional decidir sobre o mesmo...

2/5/11

Are you gonna go My Way, de Lenny Kravitz

Creo que o que define esta canción é POTENCIA. O álbum parece que foi grabado en directo no estudo baseándose na música dos anos 70 nos que está inspirada...

Desfrutádea!!

29/4/11

CAMBIAS DE SIGNO ZODIACAL? Eu si....

Ata o de agora pensaba que eu tiña como signo zodiacal a Acuario. Tampouco foi algo moi importante na miña vida, simplemente unha anécdota para comentar no café. Cando naceu Martín, por curiosidade consultei a táboa dos signos zodiacais, e para a miña sorpresa, resulta que agora hai un signo máis, Ofiuco (A Serpe) e que ademáis iso afecta ás datas do resto de signos. Botade unha ollada, non vaia a ser que, coma min, cambiedes de signo...ou non. Solución ao final!!


NOVA TÁBOA DE SIGNOS DO ZODIACO

1. Capricornio : 21 de Xaneiro ao 16 de Febreiro.
2. Acuario : 17 de Febreiro ao 11 de Marzo
3. Piscis : 12 de Marzo ao 18 de Abril
4. Aries : 19 de Abril ao 13 de Maio
5. Tauro : 14 Maio ao 21 de Xuño
6. Géminis : 22 de Xuño ao 20 de Xullo
7. Cáncer : 21 de Xullo ao 10 de Agosto
8. Leo : 11 de Agosto ao 16 de Setembro
9. Virgo : 17 de Setembro ao 30 de Outubro
10. Libra : 31 de Outubro ao 23 de Novembro
11. Escorpión : 24 noviembro ao 29 de novembro
12. Ofiuco (Ophiuchus) : 30 de novembro ao 17 de decembro
13. Sagitario : 18 de diciembre ao 20 de Xaneiro


Segundo un astrónomo da Sociedade Planetaria de Minnesota, as datas de moitos signos zodiacais mudaron debido a cambios na aliñación da Terra.
Isto quere dicir que o Zodíaco está baseado na división en 12 partes iguais da banda celeste sobre a que trazan as súas traxectorias o Sol ,a Lúa e os planetas, avanzando un sector por cada mes do año, cada sector é un signo e como a Terra se atopa actualmente nun punto diferente en relación co Sol, as datas tamén variaron.
O peor de todo é que agora xa non se falta de 12 signos, senón de 14. O decimoterceiro é Ofiuco, que é onde o disco solar se atopa de finais de novembro a mediados de decembro; e o decimocuarto sería a constelación de Cetus, a cal toca lixeiramente a banda do zodíaco, polo cal a inclusión de Cetus  está en discusión.

A raíz de isto hai moitas queixas de que ninguén quere cambiar o seu signo (sobre todo os que se tatuaron o seu no corpo) 
A astronomía é unha ciencia, a astroloxía non é recoñecida como tal por non ter unha base científica. Qué facer?? A solución para nós, a continuación..

Esta información é so parcialmente certa. A verdade é que este novo calendario se axusta ao Zodíaco Sideral; e nós -habitantes de occidente- nos guíamos polo Zodíaco Tropical, que se basea na rotación da terra e nas estacións.

O Zodíaco Tropical continúa igual, da seguinte maneira:
- Aries: 21 de marzo ao 20 de abril.
- Tauro: 21 de abril ao 21 de maio.
- Géminis: 22 de maio ao 21 de xuño.
- Cáncer: 22 de xuño ao 23 de xullo.
- Leo: 24 de xullo ao 23 de agosto.
- Virgo: 24 de agosto ao 23 de setembro.
- Libra: 24 de setembro ao 23 de outubro.
- Escorpio: 24 de outubro ao 22 de novembro.
- Sagitario: 23 de novembro ao 21 de decembro
- Capricornio: 22 de decembro ao 20 de xaneiro
- Acuario: 21 de xaneiro ao 19 de febreiro
- Piscis: 20 de febreiro ao 20 de marzo

Iso quere dicir que os supersticiosos non teñen nada de qué preocuparse, xa que en teoría ninguén cambiou de signo zodiacal e Ofiuco só será realidade para os que crean no horóscopo do oriente.