Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


12/4/11

Vexiloloxía, un mundo por descubrir

Estes días tomei contacto co mundo da Vexiloloxía. Non tiña nin idea de que ese palabro existise nin do seu significado, pero unha vez que o souben, xa nada volveu a ver o mesmo.

Como me dixo alguén, a miña mente quedou irremediablemente deformada polos contidos descubertos....


E para completar a miña inmersión neste mundo atractivo á vez que extraño e un pouco anacrónico, un enlace:

Heraldaria

Aquí atopei un montón de datos que ainda estou a explorar, pero por exemplo, os escudos nobiliarios de dous apelidos que me interesan...
 

Tal como aparece no comentario, aquí vai, Verde!

Do teu segundo apelido si que non aparece nada....seguiremos buscando...

11/4/11

Susorpresa!!

Cando se enterou de todo era xa tarde, demasiado tarde... e alí estabamos nós para lembrarlle que 40 anos non se cumpren tódolos días!!

Noraboa!!














Paga a pena nomear a Sostres?

Creo que me vou arrepentir de nomear sequera a Salvador Sostres, articulista do períodico "El Mundo", que hai uns días publicou unha columna co gallo do asasinato dunha muller preñada pola súa parella, ao enterarse de que o fillo que ela esperaba non era del.

O home este chega incluso a xustificar os actos do asasino debido á violencia á que foi sometido... en fin, creo que xa me arrepinto de escribir isto... esta persoa non merece nin que se critique o que fixo...


Non o queren nin na súa casa...

7/4/11

Indignación

Estou cabreado. Moi cabreado. E tamén estou decepcionado e indignado. A administración (á que pertenzo) é un enorme monstro informe e deshumanizado, materializado en forma de expedientes, de oficios, de informes e recursos, de papeles, en fin, que fan que se perda todo contacto entre a administración e os administrados.

Estou afeito a que entre xente pola porta e me pregunte dúbidas ou se queixe por algunha accion. Non me importa ese contacto directo cos "clientes" e ainda que despois se materialice o resultado da solicitude en forma de oficio máis ou menos personalizado, teño na cabeza a cara da persoa ou persoas que fixeron a solicitude ou a queixa.

Teño a sorte de traballar con "clientes" que non precisan tratamentos de saúde ou económicos. Pero cando estou do outro lado, do lado dos solicitantes, me gustaría recibir o mesmo trato. Sei que é moi inxusto xeneralizar as actitudes ou a forma de resolución dun expediente e non ter en conta ás persoas que están detrás, coma mín, escribindo esas resolucións, pero cando suceden cousas como a seguinte, me indigno enormemente.

A miña avoa padece Alzheimer nun grao que impide toda comunicación co mundo externo, agás por contacto físico, cando lle das a mán, por exemplo, e a apreta. Quitando iso, semella que lle da igual estar aquí ou alá. Non se vale por si mesma en ningunha das tarefas básicas da vida diaria (lavarse, peitearse, vestir, etc). Está cualificada como dependente en grado III (o maior nivel de dependencia). Por cuestións alleas á nosa vontade, non podemos tela en casa con nós, e ademáis de ter concecido o recoñecemento de dependencia por parte da Xunta de Galicia (desde o 2007 que se solicitou, chegou concecida a finais de 2010) foi ingresada nunha residencia privada, pagando un pastón porque estea atendida o mellor posible.

Ademáis diso, se solicitou unha praza pública nas residencias dos arredores, restrinxindo as opcións. Pero agora, despois de un montón de tempo, nos outorgan unha residencia lonxe da casa. Gratis, cuidado! pero lonxe de nós. O peor de todo é que che dicen que si renuncias á praza, perdes o dereito, e terías que solicitar de novo a dependencia para volver a entrar na listaxe.

Entón, tes que tomar a decisión de mandar  á túa avoa lonxe da casa, reducindo as posibilidades de ir a vela, ou renunciar a unha praza gratis, despois de 3 anos de solicitudes, resolucións, aportación de inxentes cantidades de informes médicos, facturas, certificados e toda clase de documentación que se lles ocorra pedirlles para xustificar o libramento de fondos.

Pois me nego a  enviar lonxe a miña avoa, ainda que non me recoñeza (aparentemente, xa que non se sabe o que é capaz de percibir). Me nego a renunciar á "axuda" que nos concedeu grazosamente a insigne administración e por iso tentaremos que non se faga efectivo o ingreso "voluntario" nese centro lonxe de nós.

Seguiremos informando...

6/4/11

Animal Instinct, The Cranberries

Se alguen escoita o nome de Dolores O´riordan inmediatamente pensa dúas cousas: que guapa é e que ben canta (non ten que ser nesa orde exactamente).

Desfrutádea!



5/4/11

Rango

Tiven a oportunidade de ver a película de animación "Rango" no cine. É un gusto poder ir ao cine actualmente, xa que entre que a entrada che costa un ril, e as pombiñas e coca-cola outro, só poderías ir unha vez máis... pero, bromas aparte, sentarse en calquera dos cines de hoxe en día, co sistema (me gusta moito dicilo) dolby incredible surround (e aquí sairía unha especie de son hhhhhhhhhhhhhhhhuuuuuuuuuuuuuuuuuuuummmmmmmm) está xenial.

Ademáis e polo mesmo motivo (o dos cartos) agora se deixas pasar uns días desde o estreno, podes case asegurar ter un dos mellores asentos para desfrutar da película escollida.
Por motivos que agora entenderedes, ultimamente vexo moito cine infantil (teño dous nenos pequenos...^^) pero confeso que antes de ter nenos tamén me gustaba ver cine infantil, de animación ou como queirades chamalo. Creo que agora desfruto máis das películas infantis porque vexo o efecto que lle produce a un neno, ao meu, e o paso xenial!.

Como me pasou con Rango, a película que vin estes días, e que resultou ser unha HOMENAXE ao cine do Oeste, ás películas de John Ford, de Sergio Leone, de Clint Eastwood, de Jack Palance e tantos outros. Dígovos que é indispensable!