Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


15/3/11

Turismo visceral

Xa non lembro cando foi o primeiro momento no que acuñamos este termo para explicar o tipo moi especial de turismo que ás veces facemos. Realmente podería chamarse "turismo gastronómico" e xa estaría bastante explicado, pero cando me refiro a facer turismo "visceral" non só me refiro ao gastronómico nas nosas saídas. Tamén ten que ver coas sensacións, coa apetencia por algo inconcreto que fai que te achegues a sitios non só a desfrutar da comida da que oiches falar ou da que non oiches falar e che sorprende ainda máis.

Tamén me refiro a ese turismo no que non é tan importante a planificación senón que te deixas namorar polo entorno, cambias a dirección que ao mellor levabas fixada de antemán e exploras unha nova zona. Un turismo de sensacións, e como as sensacións dicen por aí que están nas tripas, por iso o termo Turismo Visceral.

14/3/11

Museo Etnográfico de Grandas de Salime

Se queredes retroceder 50 anos de golpe e ver cómo os vosos pais ou máis ben os vosos avós vivían no rural de Asturias e Galicia (isto é bastante extrapolable ao resto do país) non debedes deixar de visitar o Museo Etnográfico de Grandas de Salime.
O museo se atopa a poucos kilómetros de Fonsagrada, pasando polo alto do acebo e baixando xa por Asturias. É curioso como os montes fan de fronteira natural. Son agora fronteira entre dúas comunidades que nunha franxa de varios kilómetros non se diferenzan nadiña.
Cando baixabamos hacia Grandas, non puiden evitar pensar en que fai 50 anos, ao mellor ese mesmo camiño se facía a pe ou a cabalo, para ir ás feiras de gando a mercar ou vender. Diría que moito tempo se perdía daquela, pero ben pensado, se desfrutaba doutro xeito o camiño.

Creo que o mesmo feito de ver a paisaxe de camiño ao museo xa me predispuxo a ese retroceso mental ata outra época, e se confirmou ao entrar nel. O museo está emplazado na antiga casa reitoral e tamén noutos edificios cercanos. Ao entrares nel se retrocede no tempo dun xeito case máxico. A Cociña coa súa lareira, a Sala de industrial textil, o obradoiro do zapateiro, a bodega, a cantina (extraordinaria!), os obradoiros de carpinteiro, toneleiro, cesteiro, cullereiro, a forxa e a sala de torneiros conforman esta primeira parte.

Pero isto non é todo, quedan ainda o curral, a Casa do Muiñeiro, a Casa grande ou Casoa, que para min foi outro descubrimento, coa tenda de ultramarinos (foi como volver a estar dentro do Suso da Coca, que era unha tenda que había cando eu era neno no barrio...) a barbería, a xastrería, a escola rural e outros espazos igualmente interesantes.

Moi recomendable!!

Teño que dicir que segundo puidemos ler nuns carteis que estaban por todo o pobo, o museo foi promovido por un home que se fai chamar Pepe El Ferreiro. Despois de dirixir o museo durante un monte de anos, recentemente foi destituido polo goberno asturiano e existen varias plataformas por internet adiante para que o que parece unha inxustiza non se perpetúe no tempo.

11/3/11

DESORIENTADO 24

Con Dimitri, Moldova (como a chamaba él) abríuse dun xeito extraordinario ante nós. Semellaba que a semana de traballo nos seminarios non o era, xa que, rematada a parte teórica, nos dedicabamos á espeleoloxía pura e dura. E niso Moldova é a caña!!
Sifóns, gorxas imposibles, corredores con excentricidades rarísimas, lagos subterráneos, bóvedas de dimensións ciclópeas se presentaban dun xeito máxico, en parte debido ao estado de felicidade no que me atopaba en compaña de Dimitri e en parte pola especial luz dos frontais que te dan unha visión parcial (e por iso mesmo se pode dicir que máxica) do teu entorno. Creo que a intimidade que chegas a sentir dentro dunha cova é difícil de superar no “mundo exterior”, como me gustaba chamalo a mín. Se quedas quieta, calada e apagas o frontal, ao principio nada cambia. Semella que podes seguir ollando o círculo de luz diante dúa. Pouco a pouco, esa “visión” residual desaparece, e comeza outra especie de “visión”. Os sensos que non dependen da luz para funcionar, oído, tacto, olfato e gusto se desperezan e envian información, ao principio timidamente, ao teu cerebro. Este non está acostumado a valerse unicamente deses sensos, así que tarda uns minutos en comezar a procesar esa nova información. E é entón cando sucede. Supoño que debes ter un equilibrio mental que non se acada tódalas veces que quedas a escuras (a mín só me pasou tres veces en tódolos anos que levo baixando ás grutas) pero en contadas ocasións, todo se ilumina (polo menos dentro da túa cabeza) e eres capaz de “ver” ao teu arredor. As texturas da parede cobran relevo dun xeito excepcional, os sons aumentan de volume, facéndose case sólido, con textura, e te decatas de cánto dependes da túa vista cando ai luz e tamén o pouco do que che é útil cando non a hai

10/3/11

SEIMEIRAS DE QUEIXOIRO

Aproveitando que este finde estivemos pola Fonsagrada desfrutando do entroido, fixemos unha pequena camiñata polas Seimeiras do Queixoiro. Para chegar, hai que sair da Fonsagrada dirección Grandas de Salime (Asturias), e coller á esquerda nun cruce despois de Paradanova. Os coches se deixan pouco despois de pasar unhas casas e comeza  a camiñata, baixando por un carreiro que de xeito paulatino nos vai levando ata o nivel do río, onde se poden observar dúas seimeiras (nome que se lle da nesa zona ás fervenzas) separadas moi poucos metros.
A ruta é pequena e non se tarda demasiado en camiñala. O mellor é que se pode facer con nenos (nós fumos con Iago e con Martín, 4 anos e 11 meses, respectivamente) e as vistas son chulísimas.

Moi recomendable.
Poño unhas fotos provisionais que atopei pola rede, ata poder colgar as nosas.

7/3/11

All Star, de Smash Mouth

Cando escoitei de novo esta canción de Smash Mouth na B.S.O de Shrek souben que un pedaciño da felicidade que se sinte ao ver a película se quedaba na miña vida.

Desfrutádea!

4/3/11

O imperio da Carne

Sen palabras!!

Desfrutádeas!!






































agardamos polas fotos da cámara boa, que éstas están feitas co móbil!!

Ata o ano que vén!!