Esbardalladas.blogspot.com non se responsabiliza das opinións verquidas polos autores das entradas nin dos comentarios que poidan xurdir das mesmas


17/2/11

Galegofobia

Botando unha ollada a Mesturas, un blog moi recomendable, atopo unha entrada que cabe resaltar. O importante é que si non chego a ver o blog me perdería esta "perla" que a nosa sociedade encumbrará aos altares da audiencia, xa que o programa en cuestión GH nin o vin nin o vexo, pero desgrazadamente somos minoría. Creo que ai que avanzar na normalización da lingua e da cultura propias, pero vendo este vídeo, vexo que falta moito treito....

16/2/11

Se os bicos curasen...

Este domingo pasado estiven vendo a entrega dos premios Goya de cine. Como o ano pasado, os presentaba Andreu Buenafuente, e ainda que estivo moi ben en canto a ritmo e tamén ás pausas entre premio e premio, creo que se lle esgoutou a fórmula de entretenimento (é a miña opinión soamente) e terán que cambiar de presentador para o ano que vén. Entre que tamén cambia o presidente e outros asuntos, non creo que vexamos de novo a Buenafuente presentando de novo os Goya, polo menos de momento.

O que máis me gustou, ademáis dos espectáculos intermedios, foron a entrega de dous premios en especial; o primeiro foi ao mellor corto (aquí vos deixo o vídeo)

’Una caja de botones’, de María Reyes Arias González, Mellor Curtametraxe de Ficción Española



e tamén ao mellor corto de ficción (tamén está aquí o vídeo):

’La Bruxa’, de Pedro Solis García, Goya á Mellor Curtametraxe de Animación Española



a frase que me impactou máis de todos os agradecementos foi a que dixo este home, "Se os bicos curasen, o meu fillo sería o máis san do mundo". Ogallá fose así.

Noraboa a tódolos premiados/as!!

Ain´t That Just Like a Woman

Cando oín a canción de Louis Jordan quedei encantado polo seu ritmo (o video que vos deixo máis abaixo o demostra) pero ao oir unha versión posterior de Chuck Berry, me quedou claro que ás veces as cousas poden mellorar ainda máis. Os estilos son distintos, claro, pero o que é verdade é o boísima que é esta canción.

Desfrutádea!!



15/2/11

A FRASE DO ANO

A FRASE DO ANO, DITA POLO PREMIO NOBEL DE MEDICINA
Esta frase díxoa o gañador do Nobel de medicina (o oncólogo brasileiro Drauzio Varella).


"No mundo actual, se está a investir cinco veces máis en
medicamentos para a virilidade masculina e silicona para as mulleres, que na cura do Alzheimer. De aquí a algúns anos, teremos vellas de tetas grandes e vellos con pene duro, pero ningún deles se lembrará para que serven"

14/2/11

BALANCES, BALANCES

Normalmente deberían ter saldo positivo para ser axeitados aos obxectivos que se buscan, pero ás veces, que o resultado dun balance dea negativo tampouco ten que indicar un fracaso absoluto. Afortunadamente, teño aprendido que na vida os termos absolutos valen de ben pouco, xa sexa para falar de persoas (non as ai absolutamente malas nin absolutamente boas) ou de cousas. Pero o concepto de balance me leva acompañando boa parte da miña vida, e adoita coincidir con algo que se produce de ano en ano, e que fai que tome consciencia de que xa pasaron 12 meses. Outro ano máis pasou e aquí estamos.
Sempre me pasa o mesmo, cando comeza un ano (que no meu caso particular non coincide para nada co 1 de xaneiro...) non teño en mente que en 12 meses terei que facer un balance. En realidade non  o teño que facer, pero a miña cabeza non descansa ata que me paro a pensar no balance do ano. Supoño que todos temos a necesidade de parar de cando en vez, parar para botar unha ollada atrás (non moito atrás, para evitar o vértigo) e sobre todo para que, cando volves ver adiante, teñas unha nova perspectiva. E iso é o que fago. Tampouco ten máis sentido nin máis interese...pero axuda. Axuda o feito de pararse e axuda o feito de contalo, de facelo explícito xa que, no meu caso, toda a bola de lá que teño diante se vai desengrellando. Ás veces tarda máis do que parecía, pero case sempre (polo de agora) saio da néboa mental coas ideas máis claras do que entrei.

11/2/11

DESORIENTADO 21


E seguiron. Como agora mesmo ía facendo Nina. Curiosamente estaba a facer a viaxe mental e a física case superpostas no espazo, que non no tempo. Cando rematou de atravesar “O rallador” Nina colleu folgos para afrontar a última etapa antes de chegar á sima N. Unha parede lisa e vertical se abriu ante ela. “O Rallador” resultara ser un corredor sin saída. Isto non era exacto na súa totalidade, pero se precisaron 5 baixadas máis dos equipos para continuar o camiño. O proxecto naquel momento pendera dun fío, xa que o departamento ao que pertenecía Nina dependía absolutamente os orzamentos estatais (clasificados como “Fondos Reservados” iso si) e no 2009 tiveron unha redución do 75%. Daquella lle sairan canas por todo o cabelo. Fóran uns meses de tolemia. E, de súpeto, chegaran de novo os cartos. A Nina estrañoulle moitísimo o repentino cambio de actitude (e de crédito) do goberno, xa que os resultados do proxecto aínda non estaban preparados para a súa presentación. Só cando houbo cambio de interlocutor co goberno Nina comprendeu o que pasara.