Para os que non saibades moito de raids, dicirvos que a diferencia fundamental entre a categoría aventura e a élite, é que nesta última, os 3 membros do equipo fan TODAS as seccións. Para iso, ademáis dos 3 membros que fixemos o raid, contamos coa inestimable axuda de Suso (o pai de Iván e ao mesmo tempo o meu sogro) que trasladou todo o material entre un punto e outro do raid.
As seccións do raid, que se desenvolvía no contorno das fragas do Eume, foron as seguintes:
- Sección 1: Trekking de 8,5 km
- Sección 2: BTT de 16 km
- Sección 3: Treking+kaiak de 6 km + 4km
- Sección 4: BTT de 34 km
- Sección 5: Treking de 11 km
Todo o raid se fixo en scoring (a orde na que colles as balizas non importa), polo qué foi primando a forza coa que chegabas ás seccións á hora de coller todas as balizas.
Saimos ás 10:00 h, cunha peculiaridade que eu ata agora non vira nun raid. Os equipos élite e facían as seccións na orde na que están descritas, e os aventura de xeito inverso. Polo tanto, na saída houbo unha dispersión absoluta dos equipos, e case desde o principio fumos sós.
proba especial (rocódromo+tirolina) |
Rematamos a 1ª sección cun sabor agredoce, ainda que só foron 4 balizas, nos quedou unha atrás, non sei cómo. Demos voltas, pero non chegamos a atopala. O que fixemos foi a proba especial (subir un rocódromo e lanzarse en tirolina...) que bonificaba en tempo.
Na transición á segunda sección (BTT que nos levaría ao kaiak) tivemos algo de problema para sair, e eu tiven a sensación durante todo o raid de que se me estaba facendo "costa arriba". Non foi só unha sensación, xa que na 4ª sección (a outra BTT longuísima) os calambres me obrigaron a baixar da bici momentaneamente.
En fin, deixando tamén outra baliza da BTT, chegamos á sección mixta de kaiak e treking, na que Patri descansou. Aquí teño que entonar un "mea culpa" polo erro garrafal de sair co kaiak hacia o lado oposto a onde estaban as balizas. Non ten explicación e agora non vou tentar darlla. Foi unha cagada e punto. Pero nos fixo perder un tempo precioso, polo que tampouco nesta sección collimos todas as balizas. Iván estaba que mordía, con razón, pero como estou casado coa súa irmá, se me asasina ao mellor hai represalias...(só ao mellor)
Igrexa de Sta. María de Monfero |
Para min comezou entón a sección máis longa (ata aquí isto é certo obxectivamente) do raid. Camiños que non aparecían, curvas que eu non vía, desvíos pantasmas agochados atrás de vacas... Un desastre, non só polo longo da sección e polo tempo que nos levou, senón porque enriba de non coller as balizas, nos pegamos unhas palizas de subidas por cortalumes para chegar, por fin, á transición para a última sección.
Como todo o raid foi lineal, non tiñas esa tentación da última sección de dicir "puff, non sei se daremos chegado a todas, imos por un par de balizas e voltamos a meta antes de que pechen". Non, tiñamos que chegar á meta, colleramos todas ou ningunha. E collimos algunhas, pero non todas. Eu máis rápido non podía ir, ainda que Iván dí que teño a capacidade de sufrimento dunha esponxa (ou sexa, ningunha...) pero sei que este raid se me fixo duro, moi duro.
Ao final, chegamos a meta con 5 minutos de marxe, e na clasificación final, de 18 equipos en categoría élite, quedamos 15º... Absolutamente mellorable en vindeiras edicións.
ÁNIMO!!